Tipos de arco

Arco Estándar: O arco estándar, é un arco desmontable en tres pezas (pala superior, pala inferior e corpo), que pode ser de madeira ou dun tipo de material sintético que o fai resistente á vez que podes elexir cor. Os arcos estándar levan incorporado un visor que lle axudan ao arqueiro a centra-la diana e a súa altura pode ser dende 62 a 70 pulgadas, utilizando unha potencia de 20 a 38 libras. Anque todo isto é bastante relativo, xa que os estándar teñen unha gran gama de altura e potencia. Ademáis hai «kits» de iniciación para xoves aprendices, onde ademáis do arco, levan tódolos complementos necesarios apra éste (protectora, frechas, carcaj/alxaba,…).

kit_iniciacion
Arco estándar

Arco Espido: O arco espido é igual que o arco estándar, coa pequena diferenza que o arqueiro quítalle o visor.

arco_desnudo
Arco desnudo

Recurvo Olímpico: Deseñado para que o arco sexa lixeiro cun material sintético. Desmontable coma o estándar, o arco olímpico leva incorporado estabilizadores, clicker, visor, etc. que axudan ao arqueiro antes, durante e á hora da solta.

arco_olimpico2
Recurvo olímpico

Estabilizador: Á hora da solta, o estabilizador recolle as vibracións da corda impedindo que ésta pase á frecha.
Contrapeso do estabilizador: Éste está ao final do estabilizador, é un pequeno peso que axuda ao estabilizador a caer cara abaixo cando lanzan a frecha, xa que o arco nunca se agarra, senon que permanece suxeito ao arqueiro mediante unha dragonera.
Clicker: É coma unha pequena pestana por onde se desliza interiormente a frecha. O clicker avisa cando o arqueiro debe soltar a frecha. Coma no resto dos arcos deste tipo, hai gran variedade e cores, libras, altura.

arco_olimpico
Recurvo olímpico. Partes.

Recurvo monoblock: O recurvo monoblock é un arco dunha soa peza fabricado en madeira. A súa altura non soe superar as 62 pulgadas, xa que máis altura nun monoblock deste tipo implica que as súas palas teñan menor resistencia á presión que exercen sobre elas e poderían romper. A potencia deste tipo de arcos van dende as 30 libras ata as 60. O recurvo monoblock é ideal se queres conseguir máis potencia sen necesidade de usar a forza que necesita o longbow e posúen gran variedade á hora de escoller un.

recurvo_monoblock
Recurvo monoblock

Arco de poleas ou composto: O arco de poleas é un arco potente e preciso usado en moitas ocasións para a caza. Grazas as súas poleas, o arqueiro pode manter a corda aberta máis tempo mentras asegura o tiro co visor, xa que son as poleas quen aguantan a presión do arco e non o brazo do arqueiro. É un arco desmontable e anque non son arcos de moita lonxitude, isto axuda á hora de transportalos dun sitio para outro. Os poleas levan estabilizador, visor,…

Poleas o compuesto
Poleas o compuesto

Longbow: O longbow é o arco tradicional máis coñecido pola xente e o preferido polos amantes da época de Robin Hood. É un arco dunha soa peza feito de madeira, que pode ser madeira de arce, de madeira de Daniela, de madeira con laminado de fibra de vidro… e do tipo de madeira dependerán os resultados. Os longbows son arcos altos que perfectamente poden chegar ás 70 pulgadas, tendo unha potencia mínima de 30 libras ata 55, pero debido á súa curvatura, é un arco o cal necesitas ter unha boa condición física para abrilo.

longbow
Longbow