Quen pode tirar con arco?
A partir dos sete anos, e poderás tirar con arco ao longo de toda a vida. Existen arcos e modalidades para tódalas idades.
Por que tirar?
É divertido e, ademáis xenera unha gran cantidade de habilidades en quenes o practican. Así que non te preocupes, anímate a facer tiro con arco e verás pouco a pouco as vantaxes de practicalo. Estas son só algunhas delas:
- Aumenta a capacidade de concentración e de autocontrol.
- Desenrola a capacidade de reflexos e dominio visual.
- Favorece a coordinación dos brazos.
- Prevén enfermidades cardiovasculares.
- Libera e reduce o estrés.
- Beneficia a creación de pensamentos positivos.
- Axuda a tonificar tódolos músculos da parte superior do cuerpo ao exercitar os brazos, a cintura e o abdome.
- Serve como terapia para a recuperación de pacientes con lesións.
Quero empezar, que fago?
Non queiras ser autodidacta dende o primeiro día e recorre a un monitor de tiro con arco. Os defectos adquiridos ao principio son más difíciles de erradicar e correxir a medida que transcorre o tempo.
Fai falla algunha licenzas ou permiso?
É obrigatorio estar en posesión dunha licenza para poder participar en competicións oficiais de Tiro con Arco e, incluso para transportar o equipo. O titular dunha licenza está cubierto por un seguro de responsabilidade civil, e seguro de asistencia sanitaria en caso de accidente ou lesión practicando.
Dependendo da túa idade e a actividade que pretendas desenrolar como arqueiro, podes obtener unha licenza de menor ou maior de 14 anos. A licenza de arqueiro é ÚNICA, é dicir, cunha soa licenza poderás tirar en todo el ámbito español. Dita licenza hai que renovala cada tempada, as cales comprenden dende Outubro a Setembro do ano seguinte.
Tódalas licenzas deben tramitarse a través dun Club Deportivo federado e coa súa correspondente licenza de Club en vigor. Non é posible tramitar unha licenza federativa de Tiro con Arco a título particular.