Polo de agora, como somos un club pequeno e de recente creación, centrámonos basicamente en tirar con arco en sala. O Concello déixanos usa-lo pavillón municipal Tito Margaride. Aí empeñámonos en aprender e mellorar a técnica para ir ás competicións. Máis adiante, xa veremos se é posible practicar outra disciplina.
Se te animas a practicar este deporte ou simplemente tes curiosidade non dubides en poñerte en contacto con nós.