REGRAS BÁSICAS E PRECAUCIÓNS
- O arco e a frecha non son xoguetes, son armas perigosas se se usan mal.
- A regra máis obvia. Non apuntes co arco a unha persoa, un ser vivo ou calqueira obxeto que se poida romper.
- Cando che den o arco, comproba que as palas non teñan grietas e que a corda non ten fíos rotos. En caso de dúbida consulta co monitor.
- Usa sempre protector de brazo para evitar golpes. Evita tirar con roupa solta, pode engancharse a corda do arco e producir lesións ou deteriorar a roupa.
- Non debes poñer a frecha no arco mentras non estés na liña de tiro e se dera o sinal para comezar o tiro. O monitor dará dous pitidos. Iso significa que está todo ben na liña de dianas e se pode poñer a frecha no arco.
- Coa frecha colocada na corda, apuntar sempre á diana, nunca a outro lugar. Soltar a frecha cando o monitor indique que se pode tirar cun pitido.
- Se a frecha ou calquera outro elemento do teu equipo cae diante da liña de tiro, non te adiantes a recollelo. Espera a que o monitor de a orde de ir a recoller (tres pitidos).
- Cando tires tódalas túas frechas, debes retirarte da liña de tiro para que o monitor saiba quen rematou e quen non.
- Soamente cando todos rematen de disparar as súas frechas, o monitor dará a orde de ir ás dianas a recoller as frechas.
- Se unha frecha ou calquera outra parte do equipo cae ao chan na liña de tiro ou máis adiante, só se recollerán cando se parara o tiro.
- Vai andando a recoller as túas frechas. NON CORRAS.
- Ao aire libre vai mirando ó chan, mentras avanzas ás dianas. Pode haber frechas clavadas no chan. Sempre sacar as frechas na dirección contraria á que entraron na terra, para non torcelas nin rompelas.
- Colocarse sempre ao lado da diana para evitar clavar accidentalmente os culatíns das que xa están clavadas no parapeto.
- Só unha persoa á vez debe sacar as frechas da diana.
- Cando saques as frechas da diana, comproba que non hai outra persoa no recorrido de saída da frecha. Sacar as frechas require certa forza e ao sacala forte, pode ir cara atrás e golpear a outra persoa.
- Hai que axudar a outros compañeiros/as a busca-las frechas que están fora da diana, sobre todo ao aire libre.
- Cando leves frechas, se as levas na man pon SEMPRE as puntas cara abaixo e se as levas no carcaj, NON CORRAS.
- Confirmar ao volver á liña de tiro que non queda ninguén na liña de dianas ou no camiño, antes de dar o sinal para seguir tirando.
- Se calquera persoa ou animal entra na zona de tiro, darase o sinal de emerxencia e débese parar o tiro inmediatamente.
- Se isto ocorrera, anque estés co arco aberto, non se debe tirar a frecha. Débese apuntar cara abaixo, destensar a corda e retirar a frecha ata que se resolva o problema.
- Comproba que as frechas non estén rotas dobrándoas suavemente agarrándoa polos extremos, as de carbono poden ter astillas que se claven na man.
- Monta a corda axudándote dun montador e seguindo as instruccións do monitor. Comproba que as gazas están en bo estado e a corda ben metida nos “tips” antes de retirar o montador.
- Comproba que o culatín da frecha está correctamente encaixado na corda. Evitarás tiros en baleiro e posibles golpeos da corda no brazo.
Calquera que non siga as normas de seguridade, ponse en perigo a sí mesmo e aos demáis e debe abandoar o campo de tiro.
Bibliografia.- Kidbow archery
Easton foundation
Recurve bow Guide