#1 Torn-Eo de Arc-Eo

Ola! Se estás lendo isto é que che chamou la atención o cartaz do noso torneo. E sí, pese a que somos un club con pouca historia aínda, viñémonos arriba e, con moitas ganas, decidimos organizar un torneo de tiro con arco en sala!! 🥳

Aquí poderás atopar toda a información ao respecto. Máis adiante o sorteo de dianas e a clasificación. Esperámoste!

[27/10/2019]

Pedazo fin de semana! Grazas a todos aqueles que fixestes posible este torneo. Houbo moita xente que se esforzou moito e aprendeu moito (iso tamén vai por min). Polo que vimos a xente pasouno ben (algún enfurruñouse🤷‍♂️) e en xeral gustoulles o do Trofeo 101.
Agradecer a quenes nos prestastes material e tamén a aqueles que nos ofrecestes material para levar a cabo este proxecto.

Moita xente quedouse a pasar a fin de semana, cousa que os negocios locais agradecen, en parte deso se trata tamén, ademáis por suposto de dar a coñecer este deporte na zona.

E nada máis, disculpade os erros cometidos (sempre os hai, e sempre os haberá… é así). Espero que estivésedes cómodos e pasarades un pedazo agradable.
Espero que volvades. Vémonos nas liñas de tiro!!! 🏹

[29/10/2019]

Fotos

Colaboran: